Amigos do Club

domingo, 12 de abril de 2015

Campionato Nacional Portugués de Remo Ergómetro. Viana do Castelo 2015

Este sábado 11 de abril disputouse o Campionato Nacional portugués de remo ergómetro. O Clube Viana Remadores do Lima, organizador do evento tivo a deferencia de invitar o Club San Xerome-Robaleira a particiapar nel.
Polo San Xerome acudiron nove remeiros, con moi bos resultados na competición, destacando as actuación en homes de Jaime Álvarez Pereira (2º posto) e Fabio Martínez Otero (3º posto), e en mulleres, María Fernanda García Orduna (3º posto). 

Os campións en homes foron César Gonçalves de Barros do  APPACDM Viana, e en mulleres,  Paula Cristina Dias Santos, do Clube Gaia.
A clasificación completárona polo San Xerome, Domingo Albadalejo (7º), Julián Tur (14º), José Bargiela (15º), Borja Cadilla (17º), Miguel Ángel Bello (21º) e Fabián Santos (22º).
Unha vez máis agradecer ao Clube Viana Remadores do Lima a súa invitación.















(premer na foto para vela máis grande)


Ningún comentario:

Publicar un comentario